img

Experiencias

Desfruta as experiencias Ría de Muros Noia Destino Seguro


Experiencias para ti

Resize the map
Experiencias
Loading

Desde o dique de Cadarso de Noia, a empresa MC  BIKES ofrécenos diversas variantes en dúas rodas para desprazarnos pola ría de forma deportiva e ecolóxica. As posibilidades do alugueiro das súas bicicletas de BTT, estrada ou eléctricas é moi variada, contemplándose duracións desde media xornada ata unha semana completa. O servizo está operativo durante todo o ano.…

O circuíto de Karting  Ayrton Senna atópase en Outes. Trátase dun recinto de 600 metros no que podes pasar unha tarde moi divertida cos teus amigos. Os vehículos están dotados dun motor Honda de 10 cv. Para aumentar a competitividade, serás cronometrado e poderás enfrontarte aos tempos dos outros participantes. Realízanse quendas de 7 minutos de duración, pero tamén é posible formar un grupo de polo menos 5 persoas e participar nun pack campionato de 28 minutos. Conta tamén con karts infantís, para usuarios a partir de 6 anos de idade. O servizo está operativo as fins de semana e tódolos días no verán. Unha recomendación importante é presentarse con pantalón longo e con calzado que non entor…

Ven a coñecer a historia de Noia cunhas visitas guiadas polos lugares máis emblemáticos do centro histórico. Sorprenderache a visita. Descubrirás o Portus  Apostoli, as laudas gremiais, o claustro do  Concello, a igrexa de San Francisco, rúas e pazos do centro histórico da vila, escenarios onde se rodou a serie de televisión «Fariña» e o resto dos recunchos de “A pequena Compostela”. Este servizo está operativo en Semana Santa e verán, aínda que pode realizarse calquera outro día baixo demanda previa. Como non podía ser doutra forma, estaremos acompañados dunha Guía oficial de Galicia. A organización corre a conta da Asociación Noia Histórica e o Concello de Noia, por iso conta coa particula…

Grazas ao labor dun grupo de entusiastas, dedicados durante décadas a coleccionar todo tipo de elementos relacionados co mar, Noia conta cun dos mellores museos do medio mariño de Galicia. Fotografías e aparellos antigos, maquetas, mandíbulas de quenlla, mascaróns de proa, motores mariños deseñados e fabricados na propia Noia, unha biblioteca náutica, pezas e fósiles… A inxente cantidade de pezas obrigou á construción dun novo edificio capaz de albergalas. Situado no mesmo espazo que o anterior, no dique de Cadarso, pronto verá a luz. O Museo do Mar de Noia desenvolve ademais unha interesante labor cultural, demostrando interese pola canción tradicional, pola poesía, pola narrativa relaciona…

Os seus balcóns, as súas galerías, os seus canellóns e sobre todo os seus soportais representan esa identidade mariñeira perfectamente conservada en Muros. Son a súa marca de identidade. Estas visitas guiadas cóntannos a súa devir ao longo da historia. Coas visitas ao Pozo do  Cachón, muíño de mareas e actualmente Centro de Interpretación dos Muíños, e aos petróglifos de “ Cova da Bruxa”, “Laxe das Rodas” e “Naraio”, coñeceremos os trazos desde o seu nacemento ata a data actual. Podemos acceder a estas visitas organizadas polo Concello de Muros en calquera momento do ano, previa inscrición na oficina de turismo do propio concello.…

Unha localización extraordinaria é un dos atractivos desta enorme construción. O seu funcionamento aproveitaba o movemento das mareas grazas ao seu dique de máis de 230 metros que acumulaba a auga da pleamar e ao abrir as comportas accionaba os mecanismos da moenda. Construído a principios do s.  XIX chamóuselle Muíño de Bazarra, polo nome do seu construtor. Foi rehabilitado en 1990 por iniciativa municipal. Consta de dúas plantas, na inferior está a entrada de augas, mentres que na planta superior atopábase a maquinaria. Coa pleamar acumulábanse as augas no dique e, cando o nivel baixaba, abríanse as comportas. Desta forma a auga saía con forza polos condutos triturando o gran. A pleno func…

Esta moderna instalación situada no centro histórico de Porto do Son acolle unha colección etnográfica que nos achega tanto ao ámbito profesional como ao doméstico do mundo do mar. Vellos aparellos, fotografías antigas, relatos orais, un espazo expositivo coidado e diáfano e soportes de comunicación modernos (emisión en bucle de vídeos e dun documental de 1960 rodado en Porto do Son) falan das vivencias das mulleres e homes deste litoral. O percorrido expositivo comeza na planta baixa dando a coñecer diversas artes de pesca, e das dificultades da navegación de outrora co alto prezo dos naufraxios, particularmente numerosos no litoral da Ría de Muros Noia e lembrando a catástrofe do Prestige. …

A experiencia «Vivir o marisqueo», impulsada polo Concello de Outes, pretende que os visitantes se involucren na actividade marisqueira. Unha labor artesanal que se leva realizando desde hai séculos nun espazo territorial costeiro dunha beleza e riqueza ambiental única. As persoas visitantes tamén poderán degustar os produtos extraídos (berberechos e ameixas) nos restaurantes da zona. A experiencia comeza no Centro Náutico do Freixo ás 8:30 h. Desde a súa terraza veremos saír ducias de pequenas embarcacións ao comezo da súa xornada. Ás 9:30 comeza un percorrido cara aos lugares de traballo das mariscadoras a pé. Posteriormente observaremos o regreso das embarcacións e visitaremos a lonxa par…