Centro de Interpretación Castro de Baroña

Un edificio histórico do centro de Porto do Son ofrécenos unha primeira aproximación para unha mellor compresión do veciño Castro de Baroña.

O Castro de Baroña é un dos recintos máis espectaculares de Galicia. Á súa grandeza engádese unha localización excepcional nunha pequena península xunto a fermosos areais. Para axudar á súa comprensión, púxose en marcha un centro de interpretación situado no edificio do antigo concello de Porto do Son.

Unha serie de maquetas, paneis explicativos, pezas orixinais e vídeos facilitan o entender a vida daquelas xentes que viviron na Idade de Ferro.

No centro ofrécese ademais un servizo de guías que che dará a coñecer outros restos arqueolóxicos (dolmes, petróglifos e outros túmulos) da comarca.

leer más

Ubicación
CENTRO DE INTERPRETACIÓN DEL CASTRO DE BAROÑA

Fernando Fariñas s/n
15970  Porto do Son – A Coruña
42º 43′ 30.5″ N – 9º 00′ 18.6″ W

Calendario

Datas: de martes a domingo.
Horarios: verán de 11 a 14 e de 19 a 21 h. Inverno 10:30 a 14 h e de 18:30 a 21.