Arealonga Surf

Clases teóricas e prácticas de Surf, Body Board e SUP

Clases Teóricas e Prácticas de Surf, Body Board e SUP impartidos por monitores expertos e titulados. Alugueiro de material.

Aeralonga Surf foi creada en outubro de 1992 en Porto do Son. É unha escola clásica no noso territorio. Desde a súa orixe, a proposta consistía na promoción do surf no municipio sonense, aínda que co tempo incorporáronse outros servizos como a reparación e fabricación de táboas.

Os horarios e calendarios dependen das condicións climatolóxicas, pero como regra xeral a escola permanece aberta as fins de semana de inverno e de forma máis completa nos períodos vacacionais.

leer más

Ubicación
AERALONGA SURF

Playa As Furnas-Xuño, 1
15970 Son, Galicia, Spain

Calendario

Datas: Todo o ano segundo previsión meteorolóxica.
Horarios: Inverno os venres, sábados e domingos. Tamén en períodos vacacionais como Semana Santa e Nadal. No verán todos os días de xullo a setembro.
Os horarios varían dependendo das condicións marítimas.

Prezos

O prezo da clase inclúe o alugueiro do material, o seguro de responsabilidade civil e o seguro de accidentes (2 €/día ou 5 €/mes a maiores).
Escola de Inverno: 50 €/mes 1 clase/semana.100 €/mes 2/3 clases semana.
Escola de Verán: funciona mediante o sistema de bonos, que o usuario administra como quere.
Bonos: 1 clase/30 € , 2 clases/50 €, 5 clases/100 €, 10 clases/170 €, 15 clases/230 €, 20 clases/280 €.
Bautismo de Surf: sábados (10 €/clase).