Ruta emocional dos carpinteiros cos pés mollados

Visita virtual ou a pé

O auxe das carpinterías de ribeira no Concello de Outes converteu o literal da ría nun fervedoiro de traballadores afanados en construír barcos cunha madeira local que parecía especialmente indicada para tal fin.

Entre serradoiros e pequenos estaleiros, decenas de pequenas empresas pugnaban por constituír os barcos máis mariñeiros a escasos metros da auga, dando lugar a que se lles coñecese como os carpinteiros cos pés mollados.

O Concello de Outes ofrécenos un roteiro a pé para lembrar os vestixios desa época de esplendor e tamén, como complemento ou versión, un roteiro virtual na que os propios protagonistas nos relatan como foron aqueles tempos.

leer más

Ubicación

Ribeira de Outes. Mapa interactivo na web.

Calendario

Aberto todo o ano

Prezos

Sen coste