As Furnas Escola de Surf

Alugueiro de materiais para a práctica do surf e cursos de iniciación e perfeccionamento

Trátase dunha escola recoñecida polas federacións española e galega de surf. Fundada no ano 2014 co obxectivo de promocionar o surf nas praias do sur da Ría de Muros Noia. Actualmente realiza a súa actividade nas distintas praias de Concello de Porto do Son, especialmente nas do Río Sieira e As Furnas.

A escola está aberta durante todo o ano, realizando a actividade invernal durante as fins de semana, festivos, pontes e períodos vacacionais e durante o verán do 1 de xullo ao 15 de setembro, todos os días. Proporcionan clases de iniciación, perfeccionamento e competición, en grupos reducidos para unha maior seguridade e aprendizaxe dos alumnos.

leer más

Calendario

Datas: Todo o ano.
Horarios: Inverno os venres, sábados e domingos. Tamén en períodos vacacionais como Semana Santa e Nadal. No verán todos os días de xullo a setembro.
Os horarios varían dependendo das condicións marítimas e das mareas.

Prezos

Escola de Inverno: 60 €/mes 1 clase/semana.100 €/mes 2/3 clases semana.
Escola de Verán: funciona mediante o sistema de bonos, que o usuario administra como quere –en caso de familia directa ou parella poden compartir o mesmo bono-.
Bonos: 1 clase/30 € , 2 clases/50 €, 5 clases/100 €, 10 clases/170 €, 15 clases/230 €, 20 clases/280 €