Centro Náutico Francisco Rama

O centro situado en O Freixo (Outes) ofrece un variado abanico de posibilidades para o goce dos deportes náuticos

O centro situado no Freixo (Outes) ofrece un variado abanico de posibilidades para o goce dos deportes náuticos.

O centro náutico municipal Francisco Rama Vázquez “ Fufú” atópase na Ribeira do Freixo. O edificio, construído no ano 2012, conta cos servizos dunha base técnico-operativa de Portos de Galicia: oficinas, aulas, espazos de exposición, vestiarios, pañol, zona de varada, miradoiro e peirao de acceso ao mar.

O abanico de posibilidades que nos ofrece é moi extenso: Star board, Optimist, Europol, Topaz, Catamarán, Xenón, 420, Omega, Raquero, Kaiak e Wind Surf. O centro Francisco Rama facilítanos coñecer a ría a fondo, pero para iso é necesario que os usuarios conten cos coñecementos e habilidades para realizar unha navegación segura e responsable. O alugueiro do material comeza desde un custo de 10 €.

Complementariamente, tamén se realizan cursos teórico-prácticos de vela lixeira, iniciación, perfeccionamento e mesmo regata; cursos de iniciación perfeccionamento de windsurf e cursos de iniciación á navegación en catamarán, entre outras actividades náuticas.

leer más

Ubicación
Centro Náutico Francisco Rama

Ribeira do Freixo, nº 1
Freixo de Sabardes
Cp: 15.288 – OUTES
42°47’47.6″N 8°56’46.1″W

Calendario

Datas: aberto todo o ano. Cursos en xullo e agosto.
Horarios: de martes a sábado de 10 h a 14 h e de 16 h a 20 h.
Duración: 4 h por clase.

Prezos

Cursos de 20 horas #ver lixeira, iniciación/perfeccionamento/regata; curso de windsurf, iniciación/perfeccionamento: 30€.
Diversas actividades náuticas desde 5 €/hora.