Museo Laudas Gremiais

Un museo único no mundo

Na Igrexa de Santa María A Nova (século XIV), representativa da arquitectura gótica mariñeira e na actualidade desacralizada, atopamos un do museo máis singulares do mundo: trátase dun museo de laudas (lápidas sepulcrais).

O recinto alberga unha gran colección de laxas de forma rectangular, de pedra, que cubrían as tumbas dos mortos e que destacan polas súas inscricións, marcas e gravados. As máis importantes son as que mediante os seus signos ou símbolos desvelan datos sobre o defunto, como o gremio de artesáns ao que pertencía (as tesoiras e a vara de medir pertencían ao xastre, a cuncha ao mariñeiro, os pés ao zapateiro…), ou as de heráldica e figuras en relevo que indicaban a familia de procedencia.

Unha das explicacións máis convincentes é que na época histórica na que se sitúan as laudas, séculos do XIV ao XIX, a maioría da xente non sabía ler e así esta simboloxía de oficios e familia permitía recoñecer a quen pertencía o sepulcro.

Este conxunto de laudas gremiais, pola súa especial singularidade é o que dá nome ao recinto, que é un dos maiores e máis representativos de Noia.

leer más

Ubicación
Igrexa de Santa María a Nova – Museo Laudas Gremiais

Rúa Ferreiro, 26, 15200 Noia (A Coruña)

42°47’00.5″N 8°53’10.5″W

Calendario

luns a venres: 10:30 a 13.30 e 16.00 a 18.00 h. Sábados: 10:30 a 13:30 h. Domingos: 11:30 a 13.30 h.

Prezos

Entrada libre.

Caracteristicas

• Museo Accesible para persoas con mobilidade reducida
• Visitas guiadas
• Wifi