Marina de Muros

Porto deportivo de Muros

Muros é unha localidade nada en torno ao mar, a súa auténtica razón de ser. En tempos medievais viviu a súa gran época de esplendor, converténdose nun porto clave para Galicia.

Situada nun enclave inigualable debido á súa situación xeográfica na ría de Muros e Noia. O porto deportivo está ubicado en pleno casco histórico onde os usuarios poden gozar de tódalas comodidades da vila, cunhas instalacións totalmente  novas.

Muport ofrece tódolos servizos aos usuarios, dispón de 204 amarres para esloras de ata 24 metros, con auga, electricidade en pantaláns, así como marinería e cámaras de vixiancia as 24 horas.  Nas instalacións de terra de marina muros se atopa o edificio social do náutico, onde se ofrecen servizos de lavanderia, zona wifi, duchas e vestuarios, zonas axardinadas e unha gran zona de aparcamento de 102 prazas con vixiancia permanente, sen obviar o trato do persoal de marinería bilingüe que nela traballa. Na capitanía se xestiona aluguer de coches, servizo de taxi, e información de horarios de saída de autobuses para visitar Santiago de Compostela, a tan so 40 minutos.

A Marina está moi protexida tanto dos fuertes ventos como das ondas xa que esta situada na parte máis interior da dársena.

leer más

Ubicación

Porto de Muros

Calendario

Aberto todo o ano.

Luns a Venres: de 10.00 a 14.30h e de 15.30 a 19.00

Sábados: de 10.00 a 13.ooh

Prezos

Consultar