Museo Marea

O Museo Marea está adicado a recoller, investigar e transmitir a memoria das xentes do mar.

Esta moderna instalación situada no centro histórico de Porto do Son acolle unha colección etnográfica que nos achega tanto ao ámbito profesional como ao doméstico do mundo do mar.

Vellos aparellos, fotografías antigas, relatos orais, un espazo expositivo coidado e diáfano e soportes de comunicación modernos (emisión en bucle de vídeos e dun documental de 1960 rodado en Porto do Son) falan das vivencias das mulleres e homes deste litoral.

O percorrido expositivo comeza na planta baixa dando a coñecer diversas artes de pesca, e das dificultades da navegación de outrora co alto prezo dos naufraxios, particularmente numerosos no litoral da Ría de Muros Noia e lembrando a catástrofe do Prestige. Na planta superior móstranse útiles de marisqueo, de redeiras, e obxectos e imaxes sobre a industria da salgadura de sardiña, as conservas do mar… O último espazo sitúanos nun ambiente íntimo mentres xentes do Son contan, en primeira persoa, as súas experiencias.

O Museo Marea está aberto todo o ano e tamén funciona como punto de información turística. Se a visita é de grupo ou escolar, é necesario poñerse en contacto co teléfono 981853431.

leer más

Ubicación
MUSEO MAREA

Rúa do Espíritu Santo 27, Zona Portuaria
42°43’32.9″N 9°00’17.6″W

Calendario

Datas: Todo o ano. Tódolos meses previo aviso.
Horarios: Se a visita é de grupo ou escolar poñerse en contacto co museo, chamando ao teléfono 981853431.
Duración: 1h.

Prezos

Entrada xeral 2 €. Pase temporal 3 €. Grupos 1 € (+ de 5 pax e reserva anticipada). Menores de 14 anos 1 €. Visita Didáctica combinada 2 € (Museo e saída exterior). Visita didáctica de escolares 1 €. Tarifa Cero: Amigos do Marea, menores de 6 anos, xubilados e maiores de 65 años, estudantes, Carné Xove e parados