Adeco-Dea Noia
Náutica adaptada
O club noiés Adeco-Dea, dedicado á promoción do deporte para persoas con algún tipo de discapacidade, incorpora entre os seus servizos a realización de actividades de náutica inclusiva.
A súa Pioner Multi adaptada, recibida grazas ao proxecto “Un mar para todos” (apoiado polo GALP Costa Sostible), é unha embarcación importada de Noruega que destaca pola súa estabilidade e amplitude de espazo, ademais de resultar practicamente insumerxible, o que lle converte nunha peza especialmente adecuada para os cursos de inicio á navegación para persoas con disfuncionalidade.
leer más
Ubicación
Frei Lois Rodríguez, 9. Noia
Calendario
Consultar
Prezos
Consultar