Museo do Mar de Noia

Fotografías e aparellos antigos, maquetas, mandíbulas de tiburón, mascaróns de proa, motores, unha biblioteca náutica, pezas e fósiles

Grazas ao labor dun grupo de entusiastas, dedicados durante décadas a coleccionar todo tipo de elementos relacionados co mar, Noia conta cun dos mellores museos do medio mariño de Galicia.

Fotografías e aparellos antigos, maquetas, mandíbulas de quenlla, mascaróns de proa, motores mariños deseñados e fabricados na propia Noia, unha biblioteca náutica, pezas e fósiles… A inxente cantidade de pezas obrigou á construción dun novo edificio capaz de albergalas. Situado no mesmo espazo que o anterior, no dique de Cadarso, pronto verá a luz.

O Museo do Mar de Noia desenvolve ademais unha interesante labor cultural, demostrando interese pola canción tradicional, pola poesía, pola narrativa relacionada co mar ou polos topónimos locais. A inauguración do seu belén xigante converteuse tamén nun clásico do nadal noiés. Nas súas actividades colaboran veciños de todas as idades, cunha notable participación infantil.

Por todo o que este museo supón para a Ría de Muros Noia, comunicaremos a súa reapertura coa dedicación que se merece.

leer más

Ubicación
MUSEO DO MAR DE NOIA

Malecón de Cadarso
Rúa Pescadería, 12
42°46’54.7″N 8°53’16.2″W

Calendario

Datas: Todo o ano. Tódolos meses previo aviso.
Horarios: Se a visita é de grupo ou escolar poñerse en contacto no 645912621.
Duración: 1h.

Prezos

Gratuito con posibilidade de facer donacións.