Karting Ayrton Senna
Circuito de karts para competir cos teus amigos ou contra o crono.
O circuíto de Karting Ayrton Senna atópase en Outes. Trátase dun recinto de 600 metros no que podes pasar unha tarde moi divertida cos teus amigos.
Os vehículos están dotados dun motor Honda de 10 cv. Para aumentar a competitividade, serás cronometrado e poderás enfrontarte aos tempos dos outros participantes.
Realízanse quendas de 7 minutos de duración, pero tamén é posible formar un grupo de polo menos 5 persoas e participar nun pack campionato de 28 minutos.
Conta tamén con karts infantís, para usuarios a partir de 6 anos de idade.
O servizo está operativo as fins de semana e tódolos días no verán. Unha recomendación importante é presentarse con pantalón longo e con calzado que non entorpeza a condución.
leer más
Ubicación
KARTING AYRTON SENNA
Lugar do Catelo, Outes
42°50’56.4″N 8°54’04.8″W
Calendario
Datas: Todo o ano. Durante o verán tódolos días e o resto do ano as fins de semana.
Horarios: Sábados e domingos dende as 16 h ata o anoitecer. En verán tódolos días co mesmo horario. De 16:00 a 22:00 h.
Duración: 7 minutos/ticket.
Prezos
Prezos: 15€ pax / 7 minutos.
Pack Campeonato: 35 € / 21 minutos (3 tickets).
Caracteristicas
Inclúe kart, casco, gorro hixiénico e chubasqueiro se chove.
Requisitos: Idade mínima de 12 anos (karts adultos).
Para o pack campeonato é necesario formar un grupo mínimo de 5 persoas.