Actuacións PSTD Ría de Muros Noia
Conectando patrimonio, naturaleza e futuro

MUROS
Ordenación do uso turístico LIC Monte Louro (…) Muros
Ordenación de fluxos e mellora da accesibilidade en O Ancoradoiro
– Ordenación das zonas de aparcamentos
– Dotación de servizos básicos, como aseos.
- Accesibilidade para persoas con mobilidade reducida. Reserva de aparcamento e creación de circuíto de acceso ao areal e zona natural.
– Mobilidade alternativa. Mellora do acceso peonil e ciclabe.
– Sinalización
Obra Pasarela Pozo do Cachón. Muros
Reposición dunha das pasarelas de acceso aos ‘Muiños de Marea’, na paraxe coñecida como Pozo de Cachón.
Dixitalización Interpretación Centro histórico de Muros
A actuación consiste no deseño, desenvolvemento, implantación e posta en funcionamento dun sistema dixital de información turística e patrimonial accesible mediante códigos QR, orientado á interpretación e posta en valor do patrimonio cultural do Concello de Muros.
OUTES
Movilidad urbana peonil na Serra de Outes
A vila da Serra de Outes conta con puntos de interese ao redor do Río Entíns, aínda que é necesario unha adecuación do espazo urbano para crear un punto de referencia que conecta con eles.
– Intervención de peonalización da Praza do Concello, situada na ribeira do Entíns.
– Adecuación paisaxística acorde coa súa posición na ribeira.
– Dotación de aparcamento para bicicletas.
– Adaptación para accesibilidade de persoas con mobilidade reducida.
– Sinalización de promoción de recursos alternativos cara ao interior.
– Actuación complementaria de sinalización de recursos turísticos da Serra.
– A intervención inclúe o desenvolvemento de proxecto de intervención e paisaxismo.
Mellora exterior do Náutico do Freixo OBRA. Outes
Limpeza, pintura e arranxos das pasarelas nas súas partes metálicas e do conxunto do Centro Náutico.
Equipamento para a mellora do Náutico do Freixo. Outes
Embarcacións para mellorar a oferta de turismo náutico e a formación en diferentes disciplinas.
Adecuación Camino de Santiago en Lavacolla. Outes
Obras de mellora dun tramo do Camiño de Santiago ao seu paso polo lugar de Lavacolla en Outes.
NOIA
Senda Litoral tramo B (Obre). Noia
– Adecuación do tramo da Senda Litoral entre A Chaínza e Testal
– Dotación de aparcamentos de bicicletas
– Intervención ao longo de 600 m.
Obras Xardíns Felipe de Castro. Noia
– Tarefas de acondicionamento do pavimento actual.
– Eliminación obstáculos existentes no firme.
– Mantemento do mobiliario urbano existente.
Obras Adecuación contorna industrial A Chaínza. Noia
O proxecto ten como obxecto realizar unha mellora ambiental na contorna do conxunto industrial da Chaínza. A proposta céntrase nun dos accesos ao mesmo desde o núcleo de O Obre que, ademais, trátase dun camiño procesional histórico de aproximación á igrexa parroquial de Santa Mariña, recibindo así o seu nome de Camiño Sacramental.
Remodelación Camiño Sacramental. Noia
O proxecto ten como obxecto remodelar o extremo do camiño Sacramental máis próximo á fábrica de curtidos da Chaínza para integralo coa solución das últimas intervencións na zona. Así mesmo, busca recuperar e mellorar o acceso á mesma na súa parte posterior, e mellorar o pavimento do camiño que dá acceso ao albergue de peregrinos pola súa banda traseira.
Senda Iglesia do Obre. Noia
O proxecto ten por obxecto a mellora de dous camiños existentes na contorna da igrexa de Santa Mariña de Obre, substituíndo o seu pavimento por un de lastra de granito, canalizando as pluviais procedentes das baixantes dos tellados, e complementando a intervención cuns bancos de pedra encostados ás edificacións.
Área de servizo a autocaravanas e bicicletas. Noia
– Firmes e Pavimentacións
– Mobiliario e Estruturas
– Instalacións de Servizo
– Iluminación
– Sinalización
Rede de Miradoiros Ría dá Estrela. Manle e Bergondo (Noia)
Mellora da Rede de Miradoiros ría dá Estrela con dúas novas intervencións.
MIRADOIRO DE BARRO
Este miradoiro está ligado á Senda Litoral e á área de Autocaravanas e bicicletas de Barro (obxecto doutra actuación neste PSTD)
Adecuación paisaxística do Miradoiro.
Sinalización para comunicación de valores paisaxísticos.
MIRADOIRO DE BERGONDO
Adecuación paisaxística do Miradoiro
Zona de aparcamento
Sinalización interpretativa
PORTO DO SON
Senda Litoral tramo A (Saída oeste Porto do Son)
Os obxectivos das actuacións pódense resumir nos seguintes aspectos:
– Mellora das condicións de seguridade do tránsito peonil.
– Facilitar o tránsito peonil
– Mellorar as condicións de accesibilidade evitando cambios de nivel, obstáculos, etc.
– Establecer relacións coherentes entre distintos tipos de pavimentos.
O inicio deste pequeno tramo de pasarela coincide coa saída do núcleo urbano de Porto do Son e transcorre en paralelo á AC-550 ata chegar a un pequeno promontorio sobre ‘A Cova do Fonforrón’ desde onde parte un carreiro con bastante pendente que se separa da estrada e segue o itinerario pegado aos cantiis que dan sobre a praia de Fonforrón.
Equipamento informático aula patrimonio cultural de O Son
Cubrir as necesidades de equipos informáticos da aula de Patrimonio Cutural do Porto do Son.
ACCIÓNS COMÚNS A TODOS OS CONCELLOS
- Marcado e sinalización do Camino de Santiago da Ría de Muros Noia
- Subministración e instalación de Mobiliario urbano no Camiño
- Desenvolvemento e implantación de chat-bot intelixente para WhatsApp
- Subministración e instalación de pantallas interactivas
- Marketplace de produtos turísticos da Ría de Muros Noia
- Subministración de equipos informáticos para oficinas de turismo
- Guía turística do Camino de Santiago da Ría de Muros Noia
- Plan de desenvolvemento de circuítos ciclables da Ría dá Estrela
- Edición de mapas do Camino da Ría de Muros Noia