Aventuras en Galicia
Paseos en Kayak de mar pola Ría de Muros Noia
KAIAK
A Ruta Kaiak de mar na Ría de Muros e Noia desenvólvese nas zonas costeiras visitando elementos tradicionais mariñeiros e elementos xeográficos coma praias, acantilados e covas mariñas.
A Ruta Kaiak do río polo Tambre (desembocadura en Noia) é un traxecto de gran beleza, ideal para contemplar a natureza e gozar das vistas.
NÁUTICA
Veleiro OCEANIS 473 DE BENETEAU CLYPER CON 14,5 M. DE ESLORA E 4,31 M. DE MANGA.
- Navegación pola Ría de Muros e Noia para 10 persoas e patrón.
- Navegación por fóra da Ría de Muros e Noia para 12 persoas (10 persoas + 2 patróns).
BARRANQUISMO
- No Barranco de Santa Baia, en Outes poderemos gozar da frondosidade do bosque, das pozas e dunha paisaxe excepcional.
- O barranco do Río Ribeiriño é un canón moi potente, pero sen saltos, unicamente con rappeles de ata 30 m.
PUENTING
Unha auténtica liberación! A ponte de Ceilán sobre o río Tambre ten unha altura de 35 metros e o salto é de 20 metros aproximadamente.
CABALOS
Poderemos gozar de paseos a cabalo de distinta duración, as rutas transcorren por paraxes de inigualable beleza paisaxística percorrendo camiños rodeados de natureza virxe, atravesando bosques de carballos e castiñeiros, cruzando ríos e mesmo, facendo paseos pola praia e cabalgando pola beira do mar.
É convinte levar roupa e calzado cómodo. Recoméndase pantalón longo.
leer más
Ubicación
Aventuras en Galicia, Kayak
Rúa Xelmirez, 21.
15704 Santiago.
Calendario
Datas: Verán e periodos vacacionais.
Horarios: Inverno (outubr-xuño): 10.30 a 15.30 h. Verán (xullo-setembro): 10.00 a 15.00h.
Outros horarios consultar.
Duración: Media xornada, 3 a 4 horas
Prezos
35 €. Inclúe seguro de Responsabilidade Civil, material necesario e monitor.