Visitas guiadas en Noia
Coñece os segredos da vila medieval.
Ven a coñecer a historia de Noia cunhas visitas guiadas polos lugares máis emblemáticos do centro histórico. Sorprenderache a visita. Descubrirás o Portus Apostoli, as laudas gremiais, o claustro do Concello, a igrexa de San Francisco, rúas e pazos do centro histórico da vila, escenarios onde se rodou a serie de televisión «Fariña» e o resto dos recunchos de “A pequena Compostela”.
Este servizo está operativo en Semana Santa e verán, aínda que pode realizarse calquera outro día baixo demanda previa.
Como non podía ser doutra forma, estaremos acompañados dunha Guía oficial de Galicia. A organización corre a conta da Asociación Noia Histórica e o Concello de Noia, por iso conta coa particularidade de que os 2 € de custo da excursión reembólsanse ao consumir nos locais de hostalería asociados.
leer más
Ubicación
VISITAS GUIADAS NOIA
Noia Histórica. Edificio Fontán.
Rúa do Curro 31, Noia
42°46’58.0″N 8°53’15.3″W
Calendario
Datas: Semana Santa, xullo e agosto. Tódolos días baixo demanda.
Horarios: Semana Santa:
Xoves Santo – 12h e 19h (visita nocturna), Venres Santo – 12h e 19h (visita nocturna) e Sábado – 12h e 19h (Portus Apostoli).
Verán:
Xullo – xoves e sábados ás 12h. Agosto – xoves, venres e sábado ás 12 h.
Duración: Sobre 1h
Prezos
2 €/persoa. Máximo grupos de 30 persoas.