Porto do Son limita por todo o lado sueste con municipios de Boiro, Poboa de Caramiñal e Ribeira. Ao nordés limita cos municipios de Noia e Lousame. Posúe unha superficie de 94,58 km², sendo o municipio máis extenso do Barbanza.
En 2013 a súa poboación era de 9613 habitantes, repartidos en 146 núcleos de poboación, sendo os máis importantes Portosín e a capital do municipio.
Os dous aspectos clave da súa economía son a pesca e o turismo. Da primeira dan fe a puxanza dos seus dous portos principais (Portosín e Porto do Son), que contan cunha importante frota, dedicada principalmente ao peixe azul. O Club Náutico de Portosín tamén é un gran punto de interese.
A forma do Concello, moi alongada no litoral marítimo, convértelle na localidade galega con máis quilómetros de praias, o que constitúe un gran atractivo turístico.
Outro dos grandes elementos con que consta Porto do Son, é o famoso Castro de Baroña, que ao seu nivel de conservación engade unha localización excepcional que atar a miles de turistas ao longo de todo o ano.
O Concello tamén conta con grandiosos miradoiros naturais ( Minte Enxa, Tahume, Atalaia) e unhas lagoas de altísimo valor ecolóxico e paisaxístico ( Xuño e San Pedro ou Basoñas).