Centro de Interpretación dos Muíños, "Pozo do Cachón"
Un dos maiores muiños de mareas de España explícanos o funcionamento destas instalacións.
Unha localización extraordinaria é un dos atractivos desta enorme construción. O seu funcionamento aproveitaba o movemento das mareas grazas ao seu dique de máis de 230 metros que acumulaba a auga da pleamar e ao abrir as comportas accionaba os mecanismos da moenda.
Construído a principios do s. XIX chamóuselle Muíño de Bazarra, polo nome do seu construtor. Foi rehabilitado en 1990 por iniciativa municipal. Consta de dúas plantas, na inferior está a entrada de augas, mentres que na planta superior atopábase a maquinaria. Coa pleamar acumulábanse as augas no dique e, cando o nivel baixaba, abríanse as comportas. Desta forma a auga saía con forza polos condutos triturando o gran. A pleno funcionamento era capaz de moer máis de 200 quilos de millo nunha hora, nunha época na que isto representaba un alto valor económico. Como curiosidade pódese destacar que a parte destinada a almacén foi empregada como casa de baño con efectos medicinais.
Hoxe, ademais de centro de interpretación dos muíños, acolle actividades culturais e reunións e funciona como punto de información turística.
leer más
Ubicación
POZO DO CACHÓN
Rúa Anido, SNº
42°47’13.7″N 9°03’45.1″W
Calendario
Datas: Todo o ano. Tódolos meses previo aviso.
Horarios: Para visitas organizadas contactar co departamento de Turismo do Concello de Muros.
Duración: 1h.
Prezos
Gratuito.