Estivada Ecuestre

Paseos dacabalo de distinta duración, gozando das fermosas paisaxes da Ría de Muros Noia.

Estivada Ecuestre fundouse no ano 2007 co obxectivo de impulsar o amor á natureza e aos animais, pero sobre todo cunha clara devoción polos cabalos. Montar a cabalo na Serra de Outes é un pracer para tódolos sentidos.

O Club Estivada Ecuestre oferta a organización e realización de actividades de rutas ecuestres, clases de iniciación e equitación, pupilaxe e doma de poldros.

As rutas ecuestres transcorren por paraxes de inigualable beleza paisaxística, percorrendo camiños rodeados de natureza virxe; atravesando bosques de carballos, piñeirais e castiñeiros, cruzando ríos e mesmo, facendo paseos pola praia e camiñando pola beira do mar. Teñen unha duración aproximada dunha hora, aínda que se poden contratar rutas por máis tempo: mesmo de varios días con acampada incluída. Este servizo está operativo durante todo o ano.

leer más

Ubicación
Estivada Ecuestre

Lugar de Esfarrapa 6,
San Ourente – Outes
42°51’55.3″N 8°53’45.0″W

Calendario

Datas: Todo o ano.
Horarios: Todo o día.
Duración: Dende 1h ata rutas de todo o día.

Prezos

Rutas: 1h- 15 €/persoa; 1h ½-20 €/persoa; 2h-25 €/persoa, 3h-35 €/persoa (Mínimo 4 persoas); 5h-50 €/persoa (Mínimo 4 persoas). Para rutas más largas consultar prezo. Inclúe casco, monitor, cabalo e seguro. Idade mínima 4 anos.