Vivir o Marisqueo

A mellor fórmula para coñecer de primeira man a actividade marisqueira da ría.

A experiencia «Vivir o marisqueo», impulsada polo Concello de Outes, pretende que os visitantes se involucren na actividade marisqueira. Unha labor artesanal que se leva realizando desde hai séculos nun espazo territorial costeiro dunha beleza e riqueza ambiental única. As persoas visitantes tamén poderán degustar os produtos extraídos (berberechos e ameixas) nos restaurantes da zona.

A experiencia comeza no Centro Náutico do Freixo ás 8:30 h. Desde a súa terraza veremos saír ducias de pequenas embarcacións ao comezo da súa xornada.

Ás 9:30 comeza un percorrido cara aos lugares de traballo das mariscadoras a pé. Posteriormente observaremos o regreso das embarcacións e visitaremos a lonxa para asistir en directo ao proceso de descarga e clasificación do marisco.

A partir das 13.00 h, as persoas visitantes poderán degustar un menú, previamente elixido e baseado no marisco extraído, en calquera dos restaurantes colaboradores do concello (Restaurante Ríos, Bar Berberecho, Restaurante Casa Peto, Restaurante Casa Zuleiro, Restaurante Pepe do Coxo, Restaurante Albatros e Restaurante Casa Amanda).

leer más