img

Experiencias

Desfruta as experiencias Ría de Muros Noia Destino Seguro


Experiencias para ti

Resize the map
Experiencias
Loading

Na Igrexa de Santa María A Nova (século XIV), representativa da arquitectura gótica mariñeira e na actualidade desacralizada, atopamos un do museo máis singulares do mundo: trátase dun museo de laudas (lápidas sepulcrais).…

Unha envexable situación xeográfica a 30 minutos de Compostela, converte ao Náutico de Portosín no porto deportivo da capital galega.…

O Castro de Baroña é un dos recintos máis espectaculares de Galicia. Á súa grandeza engádese unha localización excepcional nunha pequena península xunto a fermosos areais. Para axudar á súa comprensión, púxose en marcha un centro de interpretación situado no edificio do antigo concello de Porto do Son. Unha serie de maquetas, paneis explicativos, pezas orixinais e vídeos facilitan o entender a vida daquelas xentes que viviron na Idade de Ferro. No centro ofrécese ademais un servizo de guías que che dará a coñecer outros restos arqueolóxicos (dolmes, petróglifos e outros túmulos) da comarca.…

O Joaquín Vieta é un balandro de cabotaxe de dous paus e 18 metros de eslora construído entre os anos 1915 e 1916 nos estaleiros de carpintería do Freixo.…

Clases Teóricas e Prácticas de Surf, Body Board e SUP impartidos por monitores expertos e titulados. Alugueiro de material.…

Trátase dunha escola recoñecida polas federacións española e galega de surf. Fundada no ano 2014 co obxectivo de promocionar o surf nas praias do sur da Ría de Muros Noia. Actualmente realiza a súa actividade nas distintas praias de Concello de Porto do Son, especialmente nas do Río Sieira e As Furnas. A escola está aberta durante todo o ano, realizando a actividade invernal durante as fins de semana, festivos, pontes e períodos vacacionais e durante o verán do 1 de xullo ao 15 de setembro, todos os días. Proporcionan clases de iniciación, perfeccionamento e competición, en grupos reducidos para unha maior seguridade e aprendizaxe dos alumnos.…

O centro situado no Freixo (Outes) ofrece un variado abanico de posibilidades para o goce dos deportes náuticos.…

Iniciación ao mergullo para pesca deportiva ou para saídas de observación.…

KAIAK A Ruta Kaiak de mar na Ría de Muros e Noia desenvólvese nas zonas costeiras visitando elementos tradicionais mariñeiros e elementos xeográficos coma praias, acantilados e covas mariñas. A Ruta Kaiak do río polo Tambre (desembocadura en Noia) é un traxecto de gran beleza, ideal para contemplar a natureza e gozar das vistas. NÁUTICA Veleiro OCEANIS 473 DE BENETEAU CLYPER CON 14,5 M. DE ESLORA E 4,31 M. DE MANGA. Navegación pola Ría de Muros e Noia para 10 persoas e patrón. Navegación por fóra da Ría de Muros e Noia para 12 persoas (10 persoas + 2 patróns). BARRANQUISMO No Barranco de Santa Baia, en Outes poderemos gozar da …

Estivada Ecuestre fundouse no ano 2007 co obxectivo de impulsar o amor á natureza e aos animais, pero sobre todo cunha clara devoción polos cabalos. Montar a cabalo na Serra de Outes é un pracer para tódolos sentidos. O Club Estivada Ecuestre oferta a organización e realización de actividades de rutas ecuestres, clases de iniciación e equitación, pupilaxe e doma de poldros. As rutas ecuestres transcorren por paraxes de inigualable beleza paisaxística, percorrendo camiños rodeados de natureza virxe; atravesando bosques de carballos, piñeirais e castiñeiros, cruzando ríos e mesmo, facendo paseos pola praia e camiñando pola beira do mar. Teñen unha duración aproximada dunha hora, aínda que se p…