Ruta polo Río Tambre
Partimos desde a fermosa alameda de Noia en busca da obra dun dos máis brillantes arquitectos do modernismo español.
Antonio Palacios, autor do Palacio de Comunicaciones de Madrid, do templo Votivo del Mar de Panxón, do de Veracruz en Carballiño, ou do edificio do concello do seu Porriño natal, é tamén o autor da Central Hidroeléctrica, hacia onde diriximos os nosos pasos.
Ao chegar a altura do río, empezan a acmpañarnos unhas vista espectaculales en medio dunha vexetación frondosa. A Central Hidroeléctrica sorprederanos coa sua beleza; o modernismo recurre ás formas da natureza, por iso o edificio se integra tan ben nesta zona. Un estanque contribúe a dotar ao recito dun ambiente de serenidade.
Se seguimos hacia o norte, nos acercaremos á frondosa devesa de Nimo. Regresamos e cruzamos o río por unha ponte colgante.
Estamos no Concello de Outes. Descendemos cara o Pazo do Tambre, un fermoso edificio adicado á hostelaría, que conta cuns coidados xardíns. Para volver a cruzar o río e comezar o regreso, nada mellor que facelo por Pontenafonso, un dos exemplos de ponte medieval máis fermosos de Galicia, que ademáis nos permite desfrutar do estuario do Tambre, unha extraordinaria zona protexida polo seu valor ecolóxico.

