Ruta do río Tambre (Noia)

Esta ruta ten dous grandes protagonistas e en ambos casos trátase de cursos fluviais: os ríos San Xusto e Tambre. Seguindo as pegadas dos peregrinos que chegaban en barco a Noia, o histórico “ Portus Apostoli”, ascéndese cara San Xusto (Lousame) escoitando o curso do río do mesmo nome, chegando ata as inmediacións do Mosteiro de Toxosoutos, que foi un dos mosteiros cistercienses máis importantes de Galicia, e que se atopa nun escenario natural ao que unha fervenza proporciona gran beleza.     Despois vírase cara ao oeste buscando a Devesa de Nimo e con ela o curso fluvial do Río Tambre. Nesta parte da ruta acompañaremos ao río no seu discorrer ata a súa desembocadura, pasando por unha ponte colgante próxima á central hidroeléctrica, obra do arquitecto modernista Antonio Palacios e que é un exemplo de sobresaínte patrimonio industrial. Despois achegarémonos ao Pazo do Tambre ou do Ensido, para máis adiante cruzar pola fermosa ponte medieval de Pontenafonso, que une os concellos de Outes e Noia. Esta construción é un dos mellores exemplos de ponte medieval de Galicia; destaca pola súa gran lonxitude, xa que chegou a incorporar 27 arcos, dos que agora se conservan 20, máis outros dous sepultos. Continuamos, camiño de Noia, deleitándonos co Estuario do Tambre e coa proximidade do Porto de  Testal e os bancos marisqueiros dedicados ao berberecho, sen dúbida o mellor do mundo.  

Distancia

29.9

Dificultad

Moderada

Hora

1h 38min

Tipo

Circular

Señalización

Buena

Niño

Si

Ver en el mapa

Ubicación