Ruta do Castro de Baroña (Porto do Son)
Unha da maiores riquezas de Porto do Son é o Castro de Baroña, un poboado da Idade de Ferro que dataría do cambio de era entre os séculos primeiro a.C. e primeiro d.C, cando o castro sufriu un gran desenvolvemento, tanto demográfico como de extensión.
Actualmente se pode recoñecer claramente un complexo sistema defensivo, cunha primeira liña de foso e muralla, seguida de outra que delimita as vivendas e que alcanza un grandioso formato. Conta cunha gran entrada principal cunha escalinata de acceso.
No interior, aparecen tres plataformas con varias decenas de contruccións. A maior parte destas edificacións son de planta simple sempre en formas circulares e case todas son vivendas, se ben algunhas parecen pequenos centros de traballo artesán.
A ruta segue a liña da costa desde a entrada ao castro pasando polas praias de Arealonga e a do Dique, para logo cruzar o monte ata as aldeas de Tarrío y Penas.
Un sendeiro nos conduce ao conxunto formado pola igrexa parroquial de San Pedro de Baroña, a casa rectoral e a aldea de A Igrexa, con numerosos hórreos e un singular cruceiro de capeliña.
Outro sendeiro no leva de novo ao mar e de novo ata o camiño de acceso ao Castro de Baroña.
Desde o centro de interpretación do castro discurre un desvío da ruta ata a entrada do mismo, que se cruza coa ruta nas inmediacións do castro.

