Ruta de Albán – Monte Tremuzo (Outes)

   
Cun percorrido aproximado de 14km., se inicia esta ruta en Albán (lugar de Rates). Comezamos subindo os 253 escalóns de madeira ao lado dos cinco muíños do regato de Albán, que nace na Fonte do Toxo. Construíronse a escasos metros uns de outros para aproveitar ao máximo a forza da auga provocada polo desnivel do terreo

Máis adiante pasaremos polo lugar de Albeida. Desde o seu alto poderemos contemplar unha fermosa panorámica da ría, nunha importante zona de produción marisqueira e pesqueira. Nos meses de decembro a xaneiro é famosa a recollida de pipións (un peixe que ven a desovar nos arenais).

Desde Albeida baixaremos ata o Requeixo, pasando pola aldea de Bara. Na punta Requeixo collemos o paseo marítimo que nos levará bordeando a costa ata a praia de Broña, a máis grande do concello, onde poderemos facer un descanso na súa zona verde.

Continuando polo paseo marítimo chegamos á área recreativa e á pequena praia de Siavo, en O Freixo, o porto máis importante de Outes, cunha sólida industria naval.

Seguindo a ruta pasamos ao lado da fermosa igrexa parroquial de San Xoán de Sabardes, de estilo barroco (S.XVII), cun dos altares máis fermosos da zona. Ao seu lado está a actual casa rectoral que foi antigamente un monasterio benedictino.

Despois continuamos a subida ao monte Tremuzo (525 m. de altura). É o máis alto do concello, e desde a súa cume contemplaremos unha das vistas máis espectaculares da ría.
     

Distancia

14.09

Dificultad

Alta

Hora

4h 30 min

Tipo

Linear

Niño

No

Ver en el mapa

Ubicación