Ruta de Cova dos Gatos (Muros)
O sendeiro de Cova de Gatos discorre entre as dúas estacións rupestres máis representativas do Concello de Muros, como son A Cova da Bruxa e A Laxe das Rodas.
O calendario de Laxe das Rodas é unha das manifestacións máis singulares do arte rupestre galego. Aprécianse dúas espirais que xiran en sentido oposto; algúns autores o interpretan como una calendario plurianual basado no movemento cíclico do sol e nos meses lunares.
En A Cova da Bruxa atopamos unha gran variedade de motivos grabados nas rochas, se estima que os primeiros teñen unha antigüedade de 4.000 anos.
O camiño, ademáis de unhas impresionantes vistas da nosa ría, tamén nos mostran dous aspectos complementarios da vida diaria dunha poboación de litoral: o mundo agrícola, definido polos montes, os campos e o mar.
Durante o percorrido atravesamos núcleos que conservan a súa estrutura tradicional, como Taxes, Ventín o Serres, onde imos atopar un interesante conxunto de hórreos.
O camiño se pode facer a pé, pero tamén en bicicleta, dacabalo e incluso con vehículos a motor.
É unha ruta bastante chá, coa única excepción do tramo de Serres, que conta cunha pendente pronunciada. Polo tanto se pode dicir que estamos ante unha ruta recomendada para todo tipo de camiñantes, desde nenos a maiores.

