Ruta de Castro de Baroña e Monte Enxa (Porto do Son)

Dende a capela de "A Virxe do Carme" comeza unha viaxe chea de lugares de alto contido visual. É unha longa ruta en quilómetros que nos permitirá atopar escenarios de gran valor paisaxístico e patrimonial. Unha primeira parte que segue a liña da costa onde se visitan lugares como o  Castro de Baroña, o “Santuario da Virxe do Carme” ou as lagoas de Xuño. Esta ruta está composta en parte por unha serie de vellos camiños que conservan toda a súa beleza natural e permítennos unha inmersión máis completa no entorno costeiro.   Desde o observatorio de aves da lagoa “San Pedro de Muro” comeza a volta a Porto do Son, esta vez seguindo un camiño cara ao interior, gañando altura ata as inmediacións do Monte Enxa. É o punto máis alto desta ruta, o que nos permite albiscar a Ría de Muros-Noia en toda a súa magnitude e incluso estirar os ollos máis cara á fronteira do Barbanza. A partir de aquí, a través dunha cómoda baixada, faise o último tramo que aínda conserva vistas agradables como Punta Agueira onde se atopaba unha antiga fábrica de salgadura ou o miradoiro do Monte Cabeiro dende onde podemos ver o final da nosa ruta.  

Ubicación