img

Aloxamentos

Onde Durmir


Onde Durmir

Resize the map
Localizaciones
Alojamiento
Loading

As "Cabañitas del Bosque" distribúense en 5 conxuntos diferentes. A finca Os Apriscos, dunha hectárea de extensión conta con 3 cabanas (Cabana de Arturo, Cabana de Amalia e Cabana de Mucha). A finca Mourelos, conta coa Cabana de Carlos. As Cabanas do Barranco, situadas a 1 km de A Serra de Outes e a 3 km da ría de Muros Noia, son 8 aloxamentos ecolóxicos situados entre as ramas das árbores, que toman o seus nomes de 8 das enseadas máis simbólicas da Ría de Muros Noia. As Cabanas de Broña atópanse nunha parcela situada próxima á praia de Broña, son 4 cabanas, escalonadas a diferentes alturas, elevadas en relación ao chan e re…

Antiga escola do século XIX que foi rehabilitada para o turismo rural, atópase rodeada de bosque e ofrece unhas belas vistas ao monte San Lois e á Ría de Muros Noia. O edificio é unha acolledora construción de pedra e dispón dun amplo salón-comedor situado na planta baixa. Na primeira planta atopamos a biblioteca. As 7 habitacións dobres e a habitación individual están confortablemente equipadas, teñen baño e unha zona de cheminea, xardín e conexión Wi-Fi sen cargo.…

Situado a 2 km da localidade de Noia na estrada que une esta localidade co veciño concello de Porto do Son, atópase este aloxamento rural nunha contorna natural formada por ríos, fervenzas e muíños de auga, rodeada por unha frondosa vexetación de gran beleza. As habitacións da Casa da Roncha presentan unha decoración rústica, con pisos de madeira, e dispoñen de TV, conexión Wi-Fi gratuita e baño privado.…

A Casa do Fieiro, situada en Miñortos, ten a capacidade de aloxar entre 2 e 12 persoas, con dúas habitacións dobres e 4 habitacións dobres de matrimonio. O resto da estancia atópase totalmente equipada, con amplos xardíns e barbacoa. Ofrece conexión Wi-Fi gratuita, restaurante, bar e salón compartido. Esta casa rural conta con TV de pantalla plana e baño privado con secador de pelo, artigos de aseo gratuitos e ducha. A Casa do Fieiro serve un almorzo continental. O aloxamento dispón de terraza.…

Conta con 6 habitacións distribuidas nos seus 2 andares. Unha delas está adaptada para persoas con mobilidade reducida. Cabe a posibilidade de incorporar unha cama supletoria ou unha cuna se fora necesario. Todas elas son dobres e con baño privado. As estancias da planta superior contan con balcón, mentres que as situadas na planta baixa teñen acceso directo á zona axardinada. Todas elas están decoradas con paredes brancas que as fan máis luminosas. A cociña, de uso común, está completamente equipada con tódolos electrodomésticos que soe haber en tódalas casas. A casa conta tamén cun cuarto de lavado independente, un trasteiro para almacenar todo tipo de materiais e 2 terrazas, unha delas cu…

Casa Peto Outes pon a súa disposición 15 habitacións na contorna da Ría de Muros Noia. Contan con calefacción, tv e baño completo (6 de elos foron renovados durante 2015), dúas salas comúns, Wi-Fi, cafetería, piscina con terraza e unha ampla zona axardinada, nun entorno tranquilo e familiar onde gozar duns días de descanso. Conta co servizo dun recoñecido restaurante.…

É un aloxamento moderno, situado no porto pesqueiro e marisqueiro de O Freixo. Conta con 28 habitacións ben equipadas. Ten servizo de restaurante. Ofrece vistas á ría.…

Hotel de 3 estrelas cunha traxectoria de máis de 20 anos ao noso servizo, recentemente renovou por completo tanto os elementos exteriores como todas e cada unha das habitacións. O hotel Noia está situado no centro da vila. Dispón de 29 habitacións amplas e exteriores, a maioría con vistas á ría, todas elas equipadas con cuarto de baño, teléfono, climatizador, minibar, radio, televisión LCD e Wi-Fi gratuíto.…

O establecemento conta con restaurante, servizo de habitacións, salón compartido e Wi-Fi gratuíta en tódalas instalacións. O hotel ofrece prensa, fax e fotocopiadora. As habitacións contan con escritorio, TV de pantalla plana e baño privado.…

A Hospedería Valadares resulta ideal para estancias de traballo debido a súa ubicación a 20 minutos de Santiago de Compostela. Ademais atópase a un paso da Alameda e a 100 metros do casco histórico de Noia. Un lugar dende onde  poder descubrir e coñecer a ría de Muros Noia. Ofrece conexión Wi-Fi gratuíta e un bar restaurante de marisco galego tradicional. Dispón de habitacións con baño privado, TV vía satélite e vista á rúa.…