Hotel Atmos

Un hotel vangardista integrado no máis auténtico de Galicia cun servizo personalizado coidado ao detalle. ATMOS é o hotel ideal para un escapada relax perfecta ou para unha experiencia romántica en parella, con amplas habitacións, piscina infinity, terrazas, xardíns e cubertas vexetais.

Conta con 10 cuartos dobres con terraza privada e vistas ao val onde se entrevé o Tambre desembocando na ría de Muros Noia. O servizo personalizado e a atención ao detalle configuran unha contorna de luxo. O sistema de domótica integrada garante a máxima comodidade, rematada cunhas sabas de algodón de calidade superior, mini bar de cortesía, kettel con servizo de infusións, cafeteira, caixa de seguridade e jacuzzi en cada habitación.

A oferta complétase con FERA Restaurante, un restaurante baseado en produto e mercado, unha oferta km 0, para que poidas levar os nosos mellores sabores, aromas, cores e texturas.

 

leer más

Ubicación

Pumar, 7, 15286 Outes (A Coruña)