Agro do Souto – Vivenda de uso turístico

Agro do Souto é unha casa familiar para uso vacacional emprazada nunha contorna privilexiada para o descanso e actividades ao aire libre do Concello de Noia.

Atópase a 5 minutos en coche das primeiras praias do márgen Sur da ría así como do acceso de alta velocidade a Santiago de Compostela.

En Agro do Souto poderás gozar de varias modalidades de uso, ata un aforo máximo de 14 persoas: só a planta baixa enteira (aforo máximo de 5 hóspedes), só a planta alta enteira (aforo máximo de 9 hóspedes) ou a vivenda completa de dúas plantas. Tanto as súas dependencias interiores como as complementarias, de uso compartido, son para uso exclusivo dos hóspedes que en cada momento estean aloxados.

Fai a túa reserva aquí: https://sites.google.com/view/agrodosouto/hacer-reserva

leer más

Ubicación

Ponte de San Francisco, 2 15200. Noia, A Coruña.