O Loureiro

O Loureiro está situado na parroquia de Obre, en Noia. Trátase dun pequeno complexo de turismo activo, cunha apreciable orientación cara ás familias e que tamén admite a presenza de mascotas.

Actualmente conta con tres estudios independentes, de moderno deseño e estética funcional, que destacan especialmente porque na súa construción se empregaron as madeiras de antigas bateas dos bancos mexilloeiros da Ría, o que ademais de constituír un extraordinario exemplo de reutilización, outórgalles un aspecto rústico moi atractivo.

Os tres estudios foron tratados a man, de forma individual, polo que cada un deles goza dun carácter único con gran personalidade.

Os seus nomes (Roncadoira, Filgueira e Baia) recollen denominacións de bancos mariños ou barrios da localidade, reforzando aínda máis a súa relación co territorio.

E para facilitar que os visitantes tamén se involucren con esta terra, O Loureiro ofrece unha ampla variedade de actividades, que teñen en común o primar o contacto coa natureza. Roteiros en kaiak, travesías en barco, roteiros de sendeirismo con ou sen guías, roteiros en bicicletas eléctricas… calquera delas convértese nunha forma perfecta para descubrir a extraordinaria contorna natural da Ría de Muros Noia.

leer más

Ubicación

Lugar de obre, 7, 15213 Noia (A Coruña)