Casiña da Fervenza

Casa independente, rehabilitada, que forma parte do conxunto histórico de San Xusto de Toxosoutos. Un lugar para aloxarse, para estar e descansar, e tamén para activarse e gozar da estancia a un ritmo diferente.

Consta de 24 m² e está composta por unha sala ou zona de estar con sofá, estufa de leña e un rincón con mesado baixo a ventá. Na segunda zona diferenciada está o dormitorio, cunha cama dobre, zona de almacenaxe, baño completo e ventanal que permite ver o río e os antigos aterrazados pertencentes ao mosteiro.

leer más

Ubicación

AC-543, Pista de San Xusto 26, 15214 Lousame, A Coruña