Os Roxos, Praia As Furnas

Conta con 6 habitacións distribuidas nos seus 2 andares. Unha delas está adaptada para persoas con mobilidade reducida. Cabe a posibilidade de incorporar unha cama supletoria ou unha cuna se fora necesario. Todas elas son dobres e con baño privado. As estancias da planta superior contan con balcón, mentres que as situadas na planta baixa teñen acceso directo á zona axardinada. Todas elas están decoradas con paredes brancas que as fan máis luminosas.

A cociña, de uso común, está completamente equipada con tódolos electrodomésticos que soe haber en tódalas casas. A casa conta tamén cun cuarto de lavado independente, un trasteiro para almacenar todo tipo de materiais e 2 terrazas, unha delas cuberta e con vistas ao extenso xardín.

 

 

leer más

Ubicación

Agra, 66, 15995 Porto do Son (A Coruña)