Menú dixital para restaurantes
A mellor App de menús dixitais, gratuíta para os restaurantes da Ría!
Chegou coa Covid-19 e quedou connosco. A Ría da Estrela colabora cos restaurantes para poñer a súa disposición un servizo de menú dixital, co deseño dunha aplicación propia, moi avanzada, que permite unha doada actualización dos menús.
Vantaxes da aplicación.
-O mellor: un sistema completamente dixital e editable, que permite unha rápida actualización de cada prato dende o teu móbil. Deixa os menús PDFe JPEG e entra, de verdade, no mundo dixital.
-Podes publicar a túa carta en web e redes sociais, porque sempre estará actualizada.
-Opción de habilitar varios idiomas.
-Opción de detallar os teus pratos e receitas, con indicación de alérxenos.
-Acceso mediante QR.
-Personalización: introduce o teu logo e os datos de contacto.
-Optimizada para móbil e para web.
Servizo Menú Dixital da Ría da Estrela.
-Incorporación gratuíta ao servizo para todos os restaurantes da Ría de Muros Noia.
-Formación para os novos membros.
-Asistencia telefónica e online para todos os establecementos integrados.
-Deseño e distribución de soportes de mesa co código QR de acceso á carta.
Onde me informo.
-Directamente co provedor do servizo: info@grafinoia.com | 625 161 019
-Como sempre, no mail da Ría da Estrela: administracion@riademurosnoia.com
Última actualización: xuño 2022
leer más