Camiño de Santiago da Ría de Muros Noia
Recuperación e promoción do camiño de peregrinación.
Na Ría da Estrela levamos uns anos apostando pola promoción da nosa ruta xacobea, a que chega por mar e continúa por terra ata Santiago. Velaquí tes uns tips para informarte e participar.
Investigación histórica e delimitación: descárgate a historia do Camiño da Ría de Muros Noia.
Podes coñecer a historia de Pietro Querini e outros pioneiros do Camiño no estudo O camiño de peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros Noia. Historicidade e delimitación. Solicítao en enviámosche o arquivo PDF (45 MB).
Se tes un establecemento, tamén podes solicitar un exemplar impreso para consulta dos teus clientes (ata esgotar exemplares).
Camiño oficial. Podes ter o teu selo.
O Camiño conta coa acreditación oficial do Arcebispado de Santiago para obter a Compostela; podes descargar aquí o documento de aprobación.
Os peregrinos poden chegar coa Credencial do Peregrino ou solicitala xa no territorio. Hai múltiples puntos de selado, e o teu establecemento, tamén pode selo. Tramitámosche a solicitude ante a Oficina do Peregrino.
Tracks e web de información.
O Camiño conta cunha web propia de información, na que están dispoñibles os tracks en diversos formatos e toda a información práctica. Contribúe a darlle visibilidade dende a túa web e redes sociais.
Mapa do Camiño
Descarga aquí o mapa PDF do Camiño de Santiago da Ría de Muros Noia.
Ideas..
O Camiño é unha prioridade para a Ría, por iso, se queres achegar ideas para promocionalo, escríbenos administracion@riademurosnoia.com.
leer más