Canle TV Turística Ría da Estrela

Promociona a Ría de Muros Noia!

Para quen: Equipamentos e empresas turísticas.

A Ría da Estrela conta cunha canle de TV de información turística, na que podes participar. En oficinas de información e outros  puntos de interese para os visitantes, instálase unha pantalla e equipo para reproducir o sinal. Cantos máis puntos de visualización teñamos, mellor.
Ademais, a canle de información turística emite información e promoción sobre a oferta de actividades turísticas. Promociona servizos e actividades de turismo cultural e activo, para amosar aos visitantes todo o que pode facer na Ría.

Tes dúas formas de participar:

1. Recibe e difunde o sinal da TV turística.

Se queres difundir o sinal da TV turística no teu local, só tes que solicitalo. Indicámosche o equipamento que precisas:

-Pantalla de TV.
-Dispositivo para recepción de sinal: módulo Xibo Player ou compatible.
-Conexión WiFi.

2. Promociona a túa oferta.

A Ría da Estrela publicará na canle turística a oferta de servizos de interese turístico. A finalidade principal é promover a chamada oferta complementaria, as opcións de lecer, de turismo activo e de cultura que ofrece o territorio.  Todas as empresas están convidadas a participar.
A Ría da Estrela traballará en base a campañas. Lanzará convocatorias para que todos os operadores do sector poidan estar presentes na canle turística.
Bota un ollo á campaña 2022: Produción de spots de actividades turísticas.

Se tes interese, podes informarte en administracion@riademurosnoia.com

leer más