Terra de ríos e pontes

Fermosas obras en contacto coa natureza

A elevada pluviosidade da costa galega é a responsable máxima da súa morfoloxía. Ademais de dar lugar á beleza dunha paisaxe verde, convértenos no país dos mil ríos. A nosa ría non é unha excepción: os ríos son un dos elementos más característicos do noso mapa xeográfico.

Os ríos son unha fonte de riqueza, pero separan beiras, para solucionalo o ser humano construíu pontes dende tempos inmemoriables. A nosa ría é un catálogo de ríos e pontes, imos velo!

Por encima de todos está o Tambre, o pai da ría, ao que adicamos un apartado separado para analizar o seu estuario. Na desembocadura do Tambre está tamén a nosa maior e máis espectacular ponte: Pontenafonso, unha visita ineludible.

Pero os outros ríos tamén teñen a súas pontes, varias delas de gran fermosura.

Temos por exemplo a ponte de Ruso sobre o río Tines en Outes. Ou a máis chamativa ponte medieval sobre o río Sieira en Xuño, Porto do Son, que desafía á lei da gravidade dende fai séculos.

Ou a ponte sobre o río Traba en Noia, construída sobre unha de orixes romanas. Este río, unido ao Tállara, desemboca ne pleno centro da vila, dando lugar á aparición de máis pontes, algunhas pequenas e peatonais coma a da rúa Pescadería, outras maiores capaces de absorber tráfico rodado, coma a da rúa Ferreiro e a maior de todas, a ponte de O Campo de Noia, que pon límite ao casco urbano de Noia.

leer más