Lagoas de Xuño e San Pedro

Extraordinaria simbiose de beleza e ecoloxía

Estes humidais constitúen un dos escenarios naturais que máis sorprenden aos visitantes da nosa ría. Atopámolo ao sur de Porto do Son, xunto ás praias de Basoñas e Areas Longas.

O seu gran valor ambiental fainos formar parte da Rede Natura 2000. Trátase así de preservar un espazo no que atopamos unha vexetación moi peculiar, acompañada dunha gran variedade de aves migratorias. As zonas húmidas son fundamentais para a conservación desas aves, que precisan estas zonas de descanso nas súas longas migracións. Habitualmente atopamos cerceta común, pato culler, pato frisado… e de forma case permanente a presenza da garza real.

A singularidade do espazo vén dada por unha poderosa barreira de dunas que protexe o humidal da posible acción do mar. O resultado é un enorme espazo moi lonxitudinal.

Recentemente, para colaborar co coñecemento destas lagoas, construíuse un centro de interpretación, que nos meses de verán abre as súas portas entre as 11.30 e as 13:30 horas. Ao seu arredor fíxase unha ruta circular duns 10 quilómetros que nos permite gozar plenamente dun espazo que quedará fixado na nosa memoria.

 

leer más