Visitas guiadas en Noia

en a coñecer a historia de Noia cunhas visitas guiadas polos lugares máis emblemáticos do centro histórico. Sorprenderache a visita. Descubrirás o Portus  Apostoli, as laudas gremiais, o claustro do  Concello, a igrexa de San Francisco, rúas e pazos do centro histórico da vila, escenarios onde se rodou a serie de televisión «Fariña» e o resto dos recunchos de “A pequena Compostela”.

Este servizo está operativo en Semana Santa e verán, aínda que pode realizarse calquera outro día baixo demanda previa.

Como non podía ser doutra forma, estaremos acompañados dunha Guía oficial de Galicia. A organización corre a conta da Asociación Noia Histórica e o Concello de Noia, por iso conta coa particularidade de que os 2 € de custo da excursión reembólsanse ao consumir nos locais de hostalería asociados.

 

leer más