O MUSEO DAS LAUDAS GREMIAIS, UN CASO ÚNICO

Na Igrexa de Santa María A Nova (século XIV), representativa da arquitectura gótica mariñeira e na actualidade desacralizada, atopamos un do museo máis singulares do mundo: trátase dun museo de laudas (lápidas sepulcrais). O recinto alberga unha gran colección de laxas de forma rectangular, de pedra, que cubrían as tumbas dos mortos e que destacan polas súas inscricións, marcas e gravados. As máis importantes son as que mediante os seus signos ou símbolos desvelan datos sobre o defunto, como o gremio de artesáns ao que pertencía (as tesoiras e a vara de medir pertencían ao xastre, a cuncha ao mariñeiro, os pés ao zapateiro…), ou as de heráldica e figuras en relevo que indicaban a familia de procedencia.  Unha das explicacións máis convincentes é que na época histórica na que se sitúan as laudas, séculos do XIV ao XIX, a maioría da xente non sabía ler e así esta simboloxía de oficios e familia permitía recoñecer a quen pertencía o sepulcro.  Este conxunto de laudas gremiais, pola súa especial singularidade é o que dá nome ao recinto, que é un dos maiores e máis representativos de Noia.

leer más