Camping Cabeiro
O cámping Cabeiro, situado a un paso, literalmente da praia coa que comparte nome, é un cámping novo e familiar no cal ser pode gozar da natureza que o rodea, así como a súa fauna mariña e os seus marabillosos atardeceres con preciosas vistas á Ría de Muros e Noia con Monte Louro como protagonista.
Conta con diferentes tipos de servizos dirixidos a cada necesidade e tipo de campista, ofrecendo tamén a posibilidade de bungalós para gozar así da intimidade e a comodidade que ofrecen. O cámping dispón de servizos, duchas, cafetería, zona WIFI e un restaurante de calidade que non deixará insatisfeito a ninguén.
leer más
Ubicación
Praia Cabeiro 15970, Porto do Son