img

Restaurantes

Coñece a xenuína gastronomía do mar e desfrútaa con cociñeir@s do mar.


Restaurantes

Resize the map
Loading

Na primeira liña de Muros, A Vianda ofrece unha cociña sinxela en base a produtos tradicionais galegos e un trato familiar moi apreciado.…

O restaurante do Camping A Vouga ofrece unha cociña tradicional orientada aos peixes, mariscos e parrilladas. Ten unhas bonitas vistas da praia do mesmo nome e tamén servizo de terraza.…

O restaurante do Hotel Formoso, situado fronte á praia de San Francisco de Louro, ofrece unha cociña tradicional nun ambiente caseiro. As especialidades da casa oriéntanse aos peixes, destacando a robaliza ou o sargo ao lombo.…

Esta hamburguesería situada nas inmediacións da praia de San Francisco de Louro ofrece tamén pratos combinados e pizzas. Só abre en tempada de verán.    …

Situado no centro histórico de Muros, o Cabalo de Pedra ofrece chocolate quente, xeados artesáns, gofres e outros postres. Ten servizo de terraza.…

O hostal Pérez ofrece no seu servizo de restaurante un bo exemplo de cociña tradicional caseira. Empanadas, luras e caldeiradas nun ambiente familiar.…

Facendo honra ao seu nome, A Cova, acóllenos entre rochas para servirnos cafés, chocolates, xeados e postres, ademais dunha ampla variedade de tés.  …

Café bar que ofrece tapas, bocadillos e pizzas, preparando tamén comidas tipo bufet. Conta con terraza interior e zonas para nenos con  rincón de xogos. En ocasións organiza concertos de música en directo e monólogos.…

O Restaurante da pensión Marbella ofrece as súas especialidades de asador de peixe, entrecot e chuletóns nun comedor panorámico con belas vistas e capacidade para 70 comensais.…

Na praza principal de Muros, esta taberna ofrece unha ampla selección de produtos típicos galegos. Serven tapas e pratos caseiros realizados na súa maioría con produtos procedentes do mercado local.…