img

Restaurantes

Coñece a xenuína gastronomía do mar e desfrútaa con cociñeir@s do mar.


Restaurantes

Resize the map
Loading

O antigo Teatro Mercedes, de estética modernista, acolle agora unha cervexaría que serve unha gran variedade de tapas tanto no seu atractivo interior como na súa animada terraza, situada na maior praza de Muros. Co horario varía, converténdose nun lugar apropiado para tomar unha copa.…

O restaurante do Hotel A Muradana obteu un nome grazas as súas preparacións sobre produtos autóctonos de gran calidade. Na súa carta atopamos recetas tradicionais combinadas con pratos máis sorprendentes, froito do traballo de investigación do seu chef. O obxectivo é gozar cociñando, para que os comensais gocen comendo.…

Trátase dun tradicional restaurante, mariscaría e asador. Elaboran cociña galega tradicional con preparacións á brasa en carnes e peixes. Dispoñen de viveiro de mariscos propios.…

Un sorprendente edificio de trazos modernistas acolle este café bar que serve mariscos da ría ademais de outras racións tradicionais e bocadillos, preparando tamén comida para levar.…

A súa especialidade é a tortilla de patacas, pero neste mesón de estilo mariñeiro tamén podes gozar dos tradicionais produtos da ría como as navallas, mexillóns, polbo ou berberechos.…

Con case 60 anos de experiencia, o bar Carrilo destaca pola súa esplendorosa terraza con fermosas vistas. Un lugar onde sen dúbida apetece tomar unhas tapas.…

En Esteiro atopamos este restaurante de cociña tradicional galega. As luras, sempre excelentes, destacan entre a súa oferta de produtos coa habitual calidade das materias primas galegas.      …

Con zonas recreativas e terrazas exteriores, o Xeixo é un bo lugar para tomar un café ou sorprenderte cos aperitivos que che serven de acompañamento. Ao chegar a noite a música toma protagonismo e o local cobra forma de pub.…

Abre dende Semana Santa ata setembro, ofrecendo, ademais de tapas e racións, menús dunha agradecida comida caseira. A súa cercanía á praia da lugar a unha boa produción de sándwichs e bocadillos.…

A Dársena ofrece unha curiosa combinación, froito de adaptarse aos tempos. Ofrecen cociña tradicional galega, destacando a seu arroz con lumbrigante, pero tamén ten unha alta produción como pizzería.  …