Km. 0 é un distintivo creado por MarGalicia, a marca turística dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro de Galicia (GALP), para promocionar o consumo de peixes e mariscos de proximidade (no noso territorio correspóndenos este GALP: www.costasostible.com).
Vexamos como nolo explican.
Unha marca para aprenderse e buscala! É o selo gastronómico de calidade que identifica os restaurantes que ofrecen produtos do noso mar. Todos os restaurantes do Roteiro dos Faros de Galicia teñen este selo, que garante que preparan e identifican para ti aqueles pratos elaborados baixo a filosofía Km0, é dicir, utilizan produtos da pesca costeira artesanal descargados nos portos e lonxas próximos.
Produtos da pesca costeira artesanal e do marisqueo, usando técnicas tradicionais e sostibles.
Descargados en portos e lonxas da zona, cun límite máximo de 100 Km e sempre en portos galegos. Garantía de frescura.
Os nosos restaurantes comprométense, a través deste selo, co cliente, ofrecéndolle a máxima calidade. Pero tamén se comprometen coa súa terra e as súas xentes, apoiando formas de pesca e marisqueo sostibles a nivel ambiental e a nivel social.
A filosofía Km 0 é un movemento internacional, vinculado á gastronomía, restauración e alimentación que defende o consumo de producións alimentarias locais, o cal xera múltiples beneficios:
- Calidade e frescura para o cliente.
- Redución da pegada de carbono. O transporte de produtos a longas distancias fai que a pegada de carbono daqueles que cociñas e comes sexa moi alta. Optar por produtos locais é tamén unha forma de ser responsables coa nosa contorna.
- Responsabilidade social. Foméntase o traballo dos produtores locais, que están así máis preto do consumidor final e menos presionados (eles e ti) polos grandes distribuidores.
- Protexemos a variedade. Apostar polas producións locais é facelo polas distintas variedades de produtos (pola biodiversidade) e tamén por diversidade na cultura culinaria.
No noso territorio temos a fortuna de contar cos seguintes restaurantes con ese distintivo:
Casa Boto (Noia) www.casaboto.es
Pepe do Coxo (O Freixo, Outes) www.pepedocoxo.com
Ríos O Freixo (O Freixo, Outes) www.riosfreixo.es
Casa Peto (Cruceiro de Roo, Outes) www.casapetooutes.com
Restaurante A Muradana (Muros) www.hotelmuradana.es
Restaurante Don Bodegón (Muros) www.restaurantedonbodegon.com
Casa do Tella e Rosalía (Portosín, Porto do Son) www.casadotella.com