Portada » Produtos do mar

Produtos do mar

galería
video

Posiblemente xa te achegaches á nosa ría levando en mente algún dos nosos produtos do mar que querías ver na túa mesa. Quizá os nosos famosos berberechos? É probable, son sen dúbida os mellores do mundo. En ningún outro lugar alcanza unha cota similar de calidade. O seu sabor a mar é impagable, o seu tamaño pode chegar a ser sorprendente, e a súa cantidade dá sustento a centenares de familias.

O berberecho é o rei da nosa ría, pero o mar presentarache outras ofertas igual de sedutoras para que goces dunha cociña excepcional. Temos excelentes navallas, magníficas ameixas, sobre todo das modalidades babosa e xapónica, e mesmo unhas fantásticas recoiro!

O polbo de lonxa é outra das nosas estrelas. Desgraciadamente escaso e esquivo, é capaz de achegar un plus extra ás preparacións feitas con este gran exemplo da cociña galega.

Na nosa ría ten gran importancia o peixe azul, pois Portosín é un gran porto dedicado especialmente a eses produtos. Nas últimas décadas, o peixe azul viuse revalorizado desde o punto de vista nutritivo e saudable. O Omega 3 é o causante. Pero queremos que descubras connosco novas preparacións para que volvas a casa falando del. Unha sardiña asada sempre será excelente, pero marinada sorprenderache, uns xurelos en escabeche branco ou un cebiche de cabala farán o propio. Déixate levar polo peixe azul.

Se che gustan os grandes peixes brancos, poderás gozar de suaves robalizas ou encherte de sabor cun sargo ou un sanmartiño (ou peixe de San Pedro), peces moi representativos desta terra, que adoitamos tomar á prancha, sen maiores aditamentos.

Déixate aconsellar polos nosos chefs. Consome produtos de Km. 0 e en tempada, así terás a absoluta seguridade de estar a consumir de entre o bo, o mellor.