Top

Contratación Plan Estratéxico de Turismo Xeodestino Ría de Muros Noia

Más Información

Novo plan de sinalización do patrimonio xacobeo

Un novo proxecto de sinalización para o Itinerario Xacobeo, co apoio do GALP Costa Sostible

A ARD pon en marcha o Plan de Sinalización Informativa do Patrimonio no Itinerario Xacobeo. Esta iniciativa pretende mellorar a información dos recursos culturais e turísticos situados a pé do Camiño de Santiago da Ría de Muros Noia. Ademais permitirá estender a fórmula de “autoselado” das credenciais de peregrino.
Os contidos estarán dispoñibles en galego, castelán e inglés, como corresponde á vocación internacional da ruta. Ademais, estas explicacións serán accesibles a través de audioguías, tamén nos tres idiomas.
Entre as finalidades, alén do servizo a peregrinos e turistas, está mellorar o coñecemento da pegada xacobea na Ría entre a propia poboación, recollendo o esforzo que neste sentido veñen desenvolvendo colectivos locais dende hai anos.
Esta actuación conta cun presuposto total de 8.800 €, e obtivo, a través do GALP Costa Sostible, unha axuda de 6.054,40 € achegados polo FEMP-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (75%) e a Consellería do Mar (15%). Trátase das axudas ao abeiro das Estratexias Locais de Desenvolvemento Local Participativo que financian proxectos produtivos e non produtivos para o desenvolvemento e a diversificación económica das zonas pesqueiras.

Ponte Nafonso
You don't have permission to register