VISITAS GUIADAS DE VERÁN NO CONCELLO DE MUROS

O CONCELLO DE MUROS PRESENTA O SEU PROGRAMA DE VISITAS GUIADAS NO VERÁN PARA DAR A COÑECER O SEU PATRIMONIO
Haberá visitas nocturnas e a novidade dunha visita marítima
O Concello de Muros presentou o seu programa de visitas guiadas durante o verán, unha iniciativa aberta a veciños e visitantes para coñecer o patrimonio histórico, cultural e natural da vila.
O casco histórico poderá visitarse os martes de xullo e agosto ás 11:30 horas desde Curro da Parra, programándose tamén visitas nocturnas os venres 9 e 23 de agosto (desde as 22:30 horas no mesmo punto de encontro).
Os mércores de xullo e agosto serán as visitas ao Museo do Mar, antiga conserveira de Sel, tamén ás 11:30 horas, mentres que a visita ao petroglifo de Laxe das Rodas será nocturna o venres 21 de xuño e os venres 2, 16 e 30 de agosto. Ás 22:30 horas desde o colexio de Louro.
Para participar nestas visitas, é necesario anotarse na oficina de turismo ou chamando ao 981 826 050 (extensión 2). Deben anotarse un mínimo de 7 persoas para que se realicen.
Por último, os percorridos polas praias e calas serán os venres de xuño a setembro ás 16:00 horas. É unha novidade deste verán e serán marítimas. 14 prazas como máximo e saída desde o pantalán. Información e inscrición no 677 922 902.

leer más