ACHÉGASE O VERÁN, VEN A DESCUBRIR AS NOSAS PRAIAS.

A Ría de Muros Noia ofrece aos seus visitantes innumerables praias: unhas de areas acolledoramente protexidas polo bosque de piñeiros, outras dunha extensión inmensa que se abren sen medo ao mar e aos ventos oceánicos facéndoas idóneas para a práctica de deportes de vento (windsurf, parapente, vela,…), por último, conta con fermosas calas de minúsculas dimensións e escaso perigo que agardan polos que buscan tranquilidade e descanso. Seguro que o que se achegue buscando sol e praia non sairá decepcionado da súa elección, xa que ao noso benigno clima e escasas precipitacións estivais súmanse aos brancos e casi virxes areais que nos rodean, creando unha contorna de gran beleza á que poñen inigualable pano de fondo os escarpados montes que se alzan maxestuosos a escasos metros da ribeira. Así mesmo tódalas nosas praias contan con boas comunicacións e accesos, ademais de excelentes infraestruturas para o lecer (grellas e mesas para as comidas campestres a pé de praia). Achégate e compróbao!


leer más