Ruta dos Faros de Galicia na Ría de Muros Noia

As propostas da maior ruta de Galicia

Un circuíto que, entre Ribadeo e A Guarda, discorre por todos os faros, portos, lonxas, actividades de turismo mariñeiro, hoteis con encanto e, por suposto, os mellores restaurantes para degustar os peixes e mariscos do noso mar. Un proxecto dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia e da súa marca turística MarGalaica.

Na Ría de Muros Noia soamente contamos con dous elementos que merezan a denominación de faros: o de Monte Louro e o de Rebordiño. Iso débese a que a navegación na ría sempre foi segura (a diferenza da veciña Costa da Morte) e a sinalización da mesma queda ben definida no norte polo veciño Faro de Lariño (Carnota) e ao sur polo de Corrubedo (Ribeira). Contamos, iso si, con outro bo número de sinais lumínicas: no espigón e no dique do porto de Muros, na Illa da Creba, no dique exterior e nos dous extremos do porto do Freixo, ao norte e ao sur de Noia e en Testal.

Visitemos os nosos dous faros, dos que falamos a continuación, e aproveitemos para coñecer todo o que a Ruta dos Faros nos ofrece nesta ría, tanto lugares inesquecibles como escenarios para facerse un selfie e, por suposto, restaurantes onde consumir os produtos recomendados por MarGalaica, moitos deles co distintivo Km. 0. para iso, nada como visitar a súa páxina web: www.rutadosfaros.gal.

leer más

Faro de Rebordiño

A tan só uns 8 quilómetros do faro de Monte Louro atopamos leste outro faro, o de Rebordiño. Comparte con aquel unha altura similar de algo máis de 8 metros e unha lanterna octogonal. Neste caso a luz os diferenza claramente, sendo vermella a de Rebordiño. A construción tamén é moi diferente, o de Monte Louro ten a torre centrada no edificio, mentres que en Rebordiño atópase encostada lateralmente, o que lle dá un aspecto moi curioso.

Faro Monte Louro

Situado en Punta Queixal, o faro de Monte Louro é unha robusta construción de 8 metros de altura. Está situado na boca da ría de Muros Noia, non na cima do monte, como poderiamos esperar, senón na súa ladeira, levantando a súa lanterna octogonal soamente 27,5 metros sobre o nivel do mar. É obra de Celedonio de Uribe e foi inaugurado en 1862. A súa visita é parte obrigada dun percorrido en torno ao mítico monte.