Praias e senda litoral de Porto do Son
Porto do Son: máis de 20 praias en 25 quilómetros de costa
Porto do Son preséntase como favorito ao concurso de «Concello galego con maior número de praias». Trátase sen dúbida do concello galego situado máis ao norte dos que poden centrar o seu turismo estival nos areais. Como se pode esperar, da cantidade sae a calidade, e en Porto do Son poderás atopar exactamente o tipo de praia que responda os teus desexos: 20 praias de area branca en algo máis de 25 quilómetros de costa, o que permite escoller entre as situadas nunha contorna urbana ou as que permanecen nunha contorna virxe; con augas tranquilas e piscinas naturais perfectas para o baño, ou con ondada moderada e máis ventosas idóneas para a práctica de surf ou windsurf; praias paradisíacas e cálidas, con embarcadoiros para sentarnos, deixar pasar o tempo e ver a posta de sol, con forma de enseada para gozar de longos paseos pola beira ou cunha paisaxe rochosa para ver como rompen as ondas; para unha tarde, para un día ou para quedarnos porque algúns destes areais de Porto do Son dispoñen de cámping, merendeiros ou asadores, paseos marítimos…
Toma nota: Aguieira, Area Longa-Baroña, Areas Longas- Basoña, Arnela, As Seiras-Queiruga, As Vellas do Pozo, Caveiro, Coira, Fonforrón, Lente, Herbas Pitas, O Son–O Cruceiro, Ornanda–Gaivotas, Pozo, Pozo pequena, Recaveira, Río Maior-O Dique, Río Sieira, Seráns, Suigrexas, Telleira e Xuño.
Como ademais estamos falando dun concello que demostrou un gran amor polo senderismo, nos últimos tempos habilitáronse novos tramos de senda litoral para que se poida percorrer as diversos areais sen comprometer a súa integridade camiñando polas cercanía da AC-550. Pasarelas de madeira facilitan este tarefa para que todos poidamos desfrutar dunha paisaxe excepcional, na que destaca xusto enfrente, o Monte Louro, sempiterno vixía da Ría.
leer más