Historia e cultura popular

O valor das tradicións

Cualificamos en moitas ocasións ao noso como un territorio eterno. Con iso queremos resaltar os seus aspectos de permanencia e estabilidade, un caldo de cultivo perfecto para a transmisión oral, para o mantemento de tradicións e culturas. Imos ver algúns exemplos que o certifican.

Un lugar destacado na artesanía da zona corresponde á cestería e, especialmente, aos chapeus de palla coñecidos como sancosmeiros, aínda que tradicionalmente son feitos na parroquia de Santo Ourente. Este oficio permitiu que, ademais de chapeus, puidesen fabricarse cestas, bolsas e moitos máis obxectos que se atopan actualmente en museos.

Os sancosmeiros están feitos de palla limpa de trigo, mollada e ben secada que trenzándoa coidadosamente  forma uns chapeus circulares de gran resistencia e impermeabilidade. Teñen unha gran demanda non só entre as campesiñas da comarca senón ademais entre as doutras aldeas galegas, pola súa perfecta adecuación aos labores agrícolas tanto no verán como no inverno, e mesmo son adquiridos polos visitantes como recordo. Constitúen tamén o principal atractivo das casetas do concello de Outes nos distintos eventos promocionais aos que acode.

A nosa é unha gastronomía de produto, dedicada principalmente a manter puro o sabor dunhas materias primas excepcionais, pero tamén hai lugar para algunhas tradicións peculiares e sorprendentes, como unha curiosa sobremesa muradá chamada “tortilla romana”, ou como a empanada de millo con berberechos, que en Noia deberás masticar con coidado, porque os berberechos métense na masa con cuncha, para que solten todo o seu mollo dentro da empanada, imaxínalo?

Outro exemplo de tradición e cultura rechamante atopámolo en Outes, na romaría de San Campio de Ourente, santo que che quitará o demo do corpo (podes ver unha ampla entrada sobre este tema no noso blog: https:// dev. riademurosnoia. com/o-demo-nunca-estivo-tan-guapo-11/.

Festas populares, patróns cun amplo contido gastronómico ou museos dedicados a salvagardar a memoria dos pobos (telos na sección EXPERIENCIAS), actuacións como Muros mira ao mar, a competición de carrilanas de Esteiro, celebracións como a Semana santa de Muros ou a Feira Medieval de Noia darán lugar a un resultado final: nunca te aburrirás na # RíadeMurosNoia.

leer más